Cortes de auga con motivo das obras na rúa Alexandre Bóveda do Grove
Por Redacción
Na mañá do martes 11 de outubro está previsto un corte de auga que afectará ás zonas da contorna da Rúa Holanada, Conchases, Brañal, Alexandre Bóveda, Rúa do Sol, Terra do Porto, Rons, Virxe das Mareas, A Xiela e Estrada do Conde en el municipio de O Grove.
Este corte de auga vai iniciarse ás 10.00 horas e, segundo informa o Concello, está previsto que o servizo poida reanudarse arredor do mediodía.
Esta intervención débese a que durante esta semana vai acometerse a fase de renovación do segundo tramo de Alexandre Bóveda, dentro dos traballos que se desenvolven desde mediados de setembro nesta contorna. Ángeles Domínguez, concelleira de Obras, sinala que esta actuación vai afrontarse desde a intersección de Alexandre Bóveda con Conchases ata o cruzamento de Carballeira coa Rúa do Sol.
O percorrido, entre o centro da vila e o porto, quedará habilitado tan só nun carril cun sentido de circulación para o tráfico rodado. Segundo explica a concelleira, agardan que toda esta actuación conclúa en febreiro de 2023 coa transformación da estrutura viaria do centro do Grove para ofrecer unha imaxe máis "humanizada e atractiva".