![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/7f4/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjawUqrKz891Lsov0DGzMN_/_AxNjDQSU7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/63401c7375-20221007_adif-vilaboa.jpg)
© Subdelegación do Goberno
Maica Larriba esixe ao ADIF a limpeza da antiga vía do tren que cruza Vilaboa
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A subdelegada do Goberno en Pontevedra, Maica Larriba, visitou hoxe xunto ao alcalde de Vilaboa, César Poza, o antigo trazado do ferrocarril que atravesa o municipio. O obxectivo da visita era coñecer de primeira man o estado deste tramo, hoxe en desuso.
A subdelegada do Goberno trasladou ao equipo de goberno municipal que xa se puxo en contacto co Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) para que adopte as medidas oportunas que permitan mellorar o estado deste tramo de vía
“Na actualidade, a antiga vía atópase chea de maleza o que pón en risco as vivendas e fincas da súa contorna, polo que solicitamos a ADIF a limpeza preventiva do tramo”, explicou a subdelegada.
Maica Larriba evidenciou así o seu apoio a unha reclamación da veciñanza da localidade. O alcalde explicou tamén que xa se dirixiu ao ente público para solicitar a mellora do estado da vía.
A actuación de mantemento neste tramo, que vai de Arcade a Pontevedra, pretende evitar posibles riscos sanitarios e medioambientais e contribuír a conservar o trazado existente.