Cuntis cobra protagonismo na feira internacional Termatalia
Por Redacción
O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, visitou a vixésima edición da Feira Termatalia e, na súa condición de presidente da sección de vilas termais da FEMP, ecargouse de presentar a ponencia "Termalismo y Desarrollo Local. La experiencia de la Red de Villas Termales de la FEMP".
Nesta edición a Feira de Termatalia recuperou a normalidade despois dun período no que a pandemia non permitira a súa actividade tradicional. Trátase da única feira internacional especializada en Turismo de Saúde e Benestar que conecta América e Euroasia. O seu foco principal é a posta en valor de recursos naturais como a auga.
A participación de oferta especializada e potenciais compradores xera novas oportunidades de negocio, abre novas canles de comercialización e transferencia de saber facer.
Entre os expositores estaba un stand da sección de Villas Termales da FEMP, no cal o seu presidente Manuel Campos apostou por este recurso hídrico como motor económico de moitos destinos. Campos tamén resaltou a desestacionalización deste sector que permite visitantes durante todo o ano.
Relacionadas:
-
O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, continúa na directiva da Rede de Vilas Termais
Por Redacción |
-
Petición do BNG no Parlamento Galego para protexer as burgas da Rúa Real e Lume de Deus en Cuntis
Por Redacción |
-
Impulsan un proxecto piloto destinado a modernizar destinos termais do que se beneficiaría Cuntis
Por Redacción |
-
Manuel Campos pretende establecer alianzas para impulsar o sector do termalismo
Por Redacción |