Inicio inminente para as obras de construción do novo Auditorio de Marín
Por Redacción
A construción do Centro Socio Cultural de Marín dará comezo de maneira oficial o vindeiro mércores día 28 de setembro.
Así o avanza o Concello despois de que a Policía Local colocase os valos informativos na parcela da Praza de España, nos que se informa da prohibición de estacionar na zona a partir das 15.00 horas da tarde do citado mércores.
Este inicio do proxecto supón "unha importante nova para o noso municipio, que por fin verá como o Centro Socio Cultural polo que tanto tempo levamos traballando pasa do papel á realidade", afirma o goberno local.
Para que as molestias aos veciños sexan as menores posibles o Concello leva un tempo coordinando a estratexia de mobilidade a seguir para que as obras non supoñan un problema de tráfico e estacionamento.
Neste sentido cobra importancia a estratexia Proxecto MARES, na que se xunta a información sobre os aparcamentos públicos do municipio. Son en total 850 as prazas dispoñibles en 13 aparcamentos habilitados sen contar o da Praza de España.
Paralelamente nos próximos días acometerase ademais o pintado das novas rúas que estarán incluídas na Zona 2H, de estacionamento temporal, tal e como se aprobou en Pleno Municipal. Será nas inmediacións da Praza de Abastos, o Centro de Saúde, Rúa Méndez Núñez, Jaime Janer, Rúa da Ponte e Avenida de Ourense.
Relacionadas:
-
María Ramallo visita a cimentación do futuro Auditorio
Por Redacción |
-
Ramallo agarda un incremento orzamentario ante o uso necesario de micropilotes na construción do Auditorio
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
María Ramallo asegura que as obras do auditorio seguirán adiante cos prazos previstos
Por Oskar Viéitez |
-
Adxudicada definitivamente a construción do Auditorio de Marín á empresa Oreco Balgón
Por Redacción |
-
Dúas empresas optan á construción do Centro Socio Cultural de Marín
Por Redacción |
-
Aberto de novo o prazo de presentación de ofertas para a construción do futuro Auditorio de Marín
Por Redacción |
-
Marín adapta o orzamento para o futuro auditorio, que custará finalmente 5,4 millóns
Por Redacción |