A estación de tren de Pontevedra contará cun "aparcamento seguro" para bicicletas
Por Redacción
Cinco estacións de ferrocarril en Galicia, entre elas a de Pontevedra, incorporarán ás súas instalacións o que ADIF cualifica como un "aparcamento seguro" para bicicletas.
Estes aparcamentos, que serán "modulables, desmontables e integrables nos espazos de cada estación", serán instalacións pechadas e cubertas para protexer ás bicicletas das condicións climatolóxicas adversas, segundo explica a compañía.
Permitirán o uso de cadeados e farán fronte a roubos e actos vandálicos.
A área de estacionamento que se habilitará en Pontevedra terá apertura e peche electromecánicos e un control de acceso intelixente, co fin de permitir o acceso ao aparcamento unicamente aos usuarios rexistrados.
Ademais, a empresa que xestionará este equipamento instalará tamén os aparcamentos coñecidos como "U invertida", que se poderán utilizar de maneira gratuíta.
A instalación destas infraestruturas pensadas para o aparcamento de bicicletas forma parte, segundo ADIF, da súa estratexia de mobilidade sostible nas súas estacións, coa fin de promover a integración de modelos de transporte limpos, o ferrocarril e a bicicleta.
Relacionadas:
-
A mellora das instalacións ferroviarias Vilagarcía-Angueira custará 11,4 millóns
Por Alba Feijoo Alonso |
-
O alcalde de Pontevedra reclama unha rede ferroviaria de cercanías
Por Oskar Viéitez |
-
Demanda masiva de bonos nas estacións de tren para acadar as viaxes gratuítas
Por Redacción |
-
Os abonos para as viaxes en tren polo Eixo Atlántico serán gratuítos a partir do 1 de setembro
Por Alejandro Espiño |
-
'Bici no tren xa', unha mobilización simultánea en toda Galicia para facilitar a intermodalidade
Por Redacción |
-
A estación de tren de Pontevedra terá wifi para os usuarios
Por Redacción |