O Centro de Formación Ocupacional A Ran prepara ao novo alumnado para lograr o graduado escolar
Por Redacción
O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, acompañado pola concelleira de Servizos Sociais, Ana Fuentes acudiu ao Centro de Formación Ocupacional A Ran para participar no acto de inicio do curso de Graduado Escolar para adultos, que este ano arranca con 40 persoas matriculadas.
A través do departamento de Servizos Sociais o Concello de Cuntis ten contratadas a dúas profesoras que se encargar de impartir a formación e acompañar ao alumnado nas dúbidas que teña na súa formación, tutorizando o seu aprendizaxe que obxectivo de que superen os exames finais. As dúas mestras desenvolven unha xornada semanal de 25 horas, nas que imparten clases para as persoas matriculadas nos catros cursos da ESO.
O programa de formación para adultos posto en marcha no ano 2003 polo Concello de Cuntis para a obtención do graduado escolar en Educación Secundaria é unha referencia na comarca, acadando a titulación unha media de 15 alumnos por curso.
Este programa está dirixido a persoas maiores de 18 anos ou menores que conten cun contrato laboral en prácticas que non remataron con éxito a súa formación educativa.
"Trátase dunha iniciativa financiada íntegramente con fondos propios do Concello de Cuntis, o que supón unha aposta importante e firme pola formación de adultos", apunta Manuel Campos, que considera que o Centro de Formación Ocupacional de A Ran desenvolve unha destacada labor social centrada en preparar ao alumnado para encontrar mellores oportunidades laborais a través da formación.