A Xunta prevé instalar un novo transformador en Valdecorvos para reforzar o servizo eléctrico da zona
Por Redacción
A zona residencial de Valdecorvos contará cun novo centro de transformación eléctrica e rede de baixa tensión.
A Xunta de Galicia investirá preto de 124.000 euros na súa construción, que pretende reforzar o servizo eléctrico ante as novas vivendas proxectadas na zona, a maioría vivendas de promoción pública (VPP).
En concrero a administración autonómica conta con dúas parcelas dispoñibles, que serán incluídas no próximo concurso de adxudicación de solo residencial. Trátase das parcelas 14 e 17, que permitirán a construción de 56 e 48 vivendas protexidas, respectivamente.
Por outra banda, o Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) licitou o pasado mes de xullo, cun orzamento base de 646.692,79 euros, a redacción do proxecto de construción e a dirección de obra de 76 vivendas de promoción pública que construirá na parcela 16 de Valdecorvos.