Restricións de aparcamento na Parda para facilitar unha mobilización de limpeza
Por Redacción
As rúas As Devesas, Os Soutos e Os Montes, na zona da Parda, terán durante as xornadas do mércores e o xoves restricións de aparcamento para facilitar un zafarrancho de limpeza impulsado desde o Concello de Pontevedra.
A limpeza farase na madrugada e na mañá do xoves e a zona de estacionamento estará valada dende a tarde do mércores prohibindo o aparcamento nas horas anteriores aos traballos.
Os vehículos que permanezan estacionados cando se proceda ao corte para poder realizar os traballos serán retirados polo guindastre municipal.
A limpeza farase con máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión na beirarrúa, na beiravía e na calzada, polo que a Concellaría solicita a colaboración de todos os veciños e veciñas e dos condutores para garantir un bo resultado.
Este zafarrancho forma parte dos realizados periodicamente pola Concellaría de limpeza viaria, xestionada por Raimundo González, que chegan a todos os barrios da cidade durante o ano.
Relacionadas:
-
Prohibido estacionar na desembocadura do Gafos a partir da tarde do mércores por tarefas de limpeza
Por Redacción |
-
Comeza o operativo de roza e limpeza no anel periurbano de Pontevedra e nas quince parroquias do rural
Por Redacción |
-
Operación de limpeza na avenida de Bos Aires
Por Redacción |
-
Reabre o parque infantil das Palmeiras tras un mes pechado para mellorar a súa seguridade
Por Redacción |