José Flores manterá un encontro coa xunta de persoal para analizar a situación sanitaria a vindeira semana
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O Sergas anuncia que o vindeiro martes 30 de agosto, José Flores Arias, novo xerente da área sanitaria de Pontevedra-O Salnés, manterá unha reunión técnica cos representantes da xunta de persoal.
Neste encontro farase balance da cobertura sanitaria estival, analizarase a situación para planificar o próximo outono e consolidarase o funcionamento de moitas cuestións que "sindicatos sanitarios xa recoñecen como melloradas", sinalan desde a xerencia.
Esta reunión convócase despois de que diversos sindicatos e as Comisións de Centro reclamasen unha entrevista urxente ante a actual situación que atravesan os distritos de Pontevedra e O Salnés durante este verán con problemas nos centros de saúde, PACs e servizos de Urxencia hospitalarios.
A xerencia insiste en que se se está realizando unha xestión responsable da asistencia sanitaria nos seus hospitais e centros de Atención Primaria, condicionada pola carencia de efectivos pero "firmemente comprometida coa continuidade asistencial" e en permanente contacto cos seus centros e coordinadores para planificar iniciativas que garantan a prestación dunha sanidade pública e universal.
O Sergas tamén defende a trasparencia dos datos de listas de espera que se publican cíclicamente e lembra a total dispoñibilidade das camas de hospitalización da área sanitaria, que asumen gradualmente a demanda durante toda a época estival, segundo manifesta a xerencia.
Relacionadas:
-
Flores nomea nova directora de Atención Primaria da área sanitaria á doutora Marta Ocampo
Por Redacción |
-
Persoal eventual da área sanitaria reclama unha xuntanza co xerente ante os contratos dun só día que afrontan
Por Redacción |
-
Sindicatos da área sanitaria esixen a José Flores a apertura das camas pechadas en Montecelo
Por Redacción |
-
As Comisións de Centro de Pontevedra demandan unha reunión urxente con Flores ante a precarización de Atención Primaria
Por Redacción |