Pantallas táctiles e bucles magnéticos para unha oficina de turismo cada vez máis dixital
Por Redacción
A oficina de turismo de Sanxenxo, situada no porto deportivo, dá un paso máis cara a súa dixitalización. Nela centrarase a próxima actuación do programa Tourist Inside que impulsa a Deputación de Pontevedra para ofrecer aos visitantes un novo modelo de información.
Este programa, financiado pola Unión Europea, permitirá que a oficina de Sanxenxo conte cun bucle magnético que axudará a que as persoas con dificultades de audición gocen por completo das visitas guiadas neste concello.
Ademais, no seu interior situarase unha pantalla dixital de 55 polgadas que brindará información do destino Pontevedra provincia mediante a interconexión de todas oficinas da Rede Info Rías Baixas. Será una pantalla táctil para que o seu manexo sexa máis intituitivo.
Tamén haberá unha tableta na que os visitantes poderán realizar enquisas de satisfacción.
As novidades complétanse coa instalación de puntos informativos en distintos puntos do municipio, segundo avanzou a deputada de Turismo, Ana Laura Iglesias, que visitou esta oficina acompañada do alcalde, Telmo Martín.
Todos estes cambios, explicou a deputada, implica un novo modelo de información baseado na busca da satisfacción dos visitantes en base ás posibilidades que abren as distintas ferramentas tecnolóxicas existentes na actualidade.
CASE 3.600 VISITANTES EN 2022
No que vai de ano, case 3.600 persoas achegáronse á oficina de Sanxenxo a pedir información.
Entre eles destacan os de nacionalidade española (88,37%), que chegaron sobre todo de Madrid (25,31%) e tamén doutros puntos como Biscaia, Córdoba ou Barcelona.
Pola súa banda, entre o turismo estranxeiro (o 11,63% restante) tiveron relevancia as persoas chegadas de Portugal, Francia ou Suíza.
Relacionadas:
-
As irmáns Mendoza 'reviven' como anfitrioas da oficina "máis sorprendente, dixital e inclusiva" de Rías Baixas
Por Alejandro Espiño |
-
O Palacete das Mendoza recibe un investimento de 350.000 euros do proxecto europeo Tourist Inside
Por Oskar Viéitez |
-
A oficina de turismo de Ferreirós dixitalízase cunha pantalla informativa e unha tablet ao dispor dos turistas
Por Redacción |
-
As oficinas de turismo de Sanxenxo e Portonovo atenderon en xullo a 2.332 persoas
Por Redacción |
-
O turismo de Sanxenxo alcanzou en xuño niveles récord e pre pandemia
Por Redacción |