A Garda Civil recupera un cadro coa imaxe dunha virxe subtraído nun domicilio na Lama
Por Redacción
A Garda Civil fixo entrega este venres á súa propietaria dun cadro coa imaxe da Virxe de Guadalupe que fora subtraída hai cinco anos nun domicilio no municipio da Lama.
Os feitos sucederon no ano 2017, que foi cando o Posto da Garda Civil de Ponte Caldelas tivo noticia dun roubo que se cometeu nunha vivenda situada na parroquia de Antas do municipio da Lama, cuxos propietarios residían en México. Entre os obxectos máis valiosos que subtraeran do interior do inmoble figuraba un cadro coa imaxe en relevo da Virxe de Guadalupe, esculpida en prata sobre veludo.
Apenas un ano máis tarde, en maio de 2018, as investigacións realizadas por efectivos do Posto da Garda Civil de Ponte Caldelas co apoio do Equipo Básico de Inspeccións Oculares (EBIO) da Compañía de Pontevedra, púidose chegar á identificación da presunta autora do roubo. Tratábase dunha muller de 48 anos, veciña de Pontevedra, en cuxo poder recuperouse o cadro que fora subtraído.
Unha vez ditada sentenza condenatoria, o Xulgado do Penal número de tres de Pontevedra acordou a devolución do cadro á súa lexítima propietaria, cuxa entrega se demorou ata este venres por atoparse ausente en México. A restitución fíxose durante a mañá deste venres nas dependencias da Comandancia da Garda Civil de Pontevedra.
Relacionadas:
-
Interceptan dous veciños de Biscaia con cen gramos de cocaína nun control de estrada
Por Oskar Viéitez |
-
Desaparece o valado de protección da Mámoa do Rei na contorna do Lago de Castiñeiras
Por Redacción |
-
Rouban material metálico valorado en máis de 10.000 euros durante varios meses en naves de Caldas e Valga
Por Redacción |
-
Detidos dous irmáns por roubar o cableado eléctrico da subestación do AVE en Vilaboa
Por Redacción |