O PP esixe unha actuación no Camiño do Souto, en Combarro
Por Redacción
Os concelleiros do PP Tucho Muíños e Rocío Cochón solicitaron ao Concello a reparación do Camiño do Souto polo "grave estado de deterioro" deste vial, unha circunstancia denunciada polos veciños desde hai anos xa que, segundo advirten "estase a desfacer e en calquera momento pode pasar unha desgraza".
En inverno, o camiño recibe un importante caudal de auga, e a falta de elementos de contención e o propio estado do vial fan que se vaia desfacendo pouco a pouco, cun grave risco de caídas.
O PP trasladou as denuncias veciñais as comisións municipais correspondentes e ao pleno en varias ocasións, como en maio de 2021 e en xaneiro deste ano, pero sinalan que no goberno local "non fan nada" e a estrada "cada vez está peor e o que nos queda é presentar esta moción esixindo unha actuación xa".
"Un camiño moi transitado que é o nexo de unión entre Combarro, o Xuviño e Cidrás non pode estar nestas condicións", lamentou Muíños que advirte de que o deterioro e o risco de accidente "son cada vez maiores" ademáis da "sensación de inseguridade".