O 13 que trouxo a sorte e 105.000 euros a Marín
Por Redacción
O número 13, considerado polos máis supersticiosos como un número de mala sorte, demostrou non selo en Marín. Deu sorte a tres persoas que se repartiron 105.000 euros grazas ao Cupón Diario da ONCE do 9 de agosto.
O vendedor da ONCE Santiago Coya Alonso repartiu esa sorte en tres cupóns que vendeu desde o seu posto de venda situado na rúa Serafín Tobío, número 5, de Marín.
O cupón da ONCE do 9 de agosto repartiu 980.000 euros entre 14 localidades de toda España, das que máis do 10% recaeron en Marín.
O Cupón Diario da ONCE pon en xogo un premio de 500.000 euros ao número máis a serie, e 49 premios de 35.000 euros ás cinco cifras do número premiado. Ademais: 450 premios de 250 euros ás catro primeiras cifras e outros 450 premios ás catro últimas; 9.000 premios de 25 euros no caso de tres últimas ou tres primeiras; e o mesmo para as dúas primeiras e últimas (6 euros), e reintegro de 2 euros á primeira ou a última cifra do número premiado.
No sorteo deste martes 9 de agosto, foi co número 17413 da serie 050.
Relacionadas:
-
A parroquia de Lérez, agraciada cun millón de euros do 'Rasca Mega Millonario' da ONCE
Por Redacción |
-
A gasolineira de Salcedo reparte 200.000 euros no sorteo da ONCE
Por Redacción |
-
Meisinos e meisinas protagonizan 5,5 millóns de cupóns da ONCE
Por Redacción |
-
'Sueldazo' de 2.000 euros ao mes durante 10 anos para un pontevedrés
Por Redacción |
-
Os locais de Bueu servirán tapas con títulos de películas coincidindo co FICBUEU
Por Redacción |
-
Último día como vendedor da ONCE en Pontevedra e reparte 315.000 euros a través de nove cupóns
Por Mónica Patxot & Redacción |