O BNG de Poio pide que o cambio na xerencia da área sanitaria "non quede nun cambio de caras"
Por Redacción
A substitución na xerencia da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, con José Flores a fronte como novo responsable, levou ao BNG de Poio a pedir que "non quede nun cambio de caras" e que se cubran as prazas necesarias para a correcta atención da veciñanza deste concello.
O BNG lembra o peche e reapertura do consultorio de Raxó nas últimas semanas e sinala que "hai situacións que requiren dunha solución inmediata".
Así, marca como prioridades o centro de saúde de Anafáns, que permanece pechado pola tarde dende o 1 de xullo e ata o 30 de setembro por "razóns organizativas"; o consultorio de Raxó, no que só se atopa o médico titular, e cando falta por calquera motivo non se cubre; e a situación de Combarro, onde o Sergas tivo que unificar o servizo con Anafáns para poder garantir a asistencia médica de ambos centros.
A cuestión máis grave, segundo os nacionalistas, é a da pediatría, pois o concello leva máis de 20 días sen pediatra e o persoal de medicina de familia ten que asumir as urxencias pediátricas entre as propias consultas programadas.
Desde o BNG insisten en que a situación sanitaria leva anos empeorando en Galicia e en concreto en Poio, "respondendo a un modelo de xestión do goberno do Partido Popular na Xunta que se mostrou ineficiente, colapsando todos os anos e moi agravado desde a pandemia".
Relacionadas:
-
Masiva protesta pola "situación especialmente extrema" da atención primaria en Poio
Por Redacción |
-
Destitúen a José Ramón Gómez e nomean a José Flores como novo xerente da área sanitaria
Por Redacción | Creada e actualizada
-
O Sergas anuncia aos sindicatos cambios no equipo directivo da Xerencia da área sanitaria
Por Redacción |
-
A falta de médicos en cinco PAC da área sanitaria satura os servizos de urxencias
Por Oskar Viéitez |
-
O centro de saúde de Raxó, un "símbolo" da xestión "caótica e nefasta" da sanidade galega
Por Alejandro Espiño |