Cuspedriños convoca unha xornada de exaltación do produto local coa súa Feira Agroalimentaria
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, e os tenentes de alcalde Fernando Vázquez e Lourdes Ovelleiro presentaron a Feira Agroalimentaria que se celebrará o vindeiro domingo 17 de xullo en Cuspedriños, a partir das 19.00 horas.
Esta xornada pretende promocinar aos produtores locais e exaltar as razas autóctonas como o 'porco celta', a galliña de Mos ou a tenreira galega.
O evento gastronómico, explicaron, contará con expositores locais de arandos, mel, filloas de Valongo, produtos da horta, panadería e cervexa artesá, ademais de con un 'food truck' que ofrecerá ás 20.00 horas unha degustación gratuíta de carnes.
Pola súa banda o grupo floc A Roda poñerá o punto musical á feira cun concerto a partir das 22.00 horas da noite.
Sobre a xornada o alcalde defendeu na presentación a importancia que teñen os emprendedores na dinamización da economía local, apostando pola Feira Agroalimentaria como un "auténtico escaparate onde os nosos veciños poderán mostrar os seus produtos á vez que se promociona e divulga o labor importante que fan para fixar poboación, crear riqueza na súa terra e tamén se visibilizará a súa aposta polo noso, pola produción propia elaborada de maneira artesanal diferenciada das grandes produtoras industriais".