Falece Enrique Magdalena Chan, concelleiro durante o goberno de Juan Luis Pedrosa
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O ex concelleiro de Pontevedra, Enrique Magdalena Chan de 66 anos, faleceu este martes 26 de novembro despois de permanecer durante tres días na Unidade de Coidados Intensivos do Hospital Montecelo.
O coñecido pontevedrés caeu dende a ponte da Barca o pasado venres 22 e un policía local conseguiu rescatalo das augas do Lérez.
Enrique Magdalena Chan, empregado do Banco de Bilbao, converteuse en concelleiro nas ringleiras do Partido Popular tras as eleccións municipais de 1999 cando Juan Luis Pedrosa lograba a alcaldía de Pontevedra. Permaneceu na corporación durante dúas lexislaturas e posteriormente foi elixido compromisario do PP no congreso local en 2004. Tamén foi delegado da Federación Galega de Fútbol.
O tanatorio atópase instalado en San Amaro e o funeral está previsto para mañá mércores ás 18.00 hora en San Vicente de Cerponzóns.