Rescatan un home que se precipitou ao río Lérez desde a ponte da Barca
Por Redacción
Un heroico rescate obrigou este xoves a mobilizar un amplio dispositivo de emerxencias. Axentes da Policía Local e efectivos dos servizos de Bombeiros de Pontevedra lograron rescatar con vida a un home que se precipitara ao río dende a ponte da Barca. O suceso produciuse contra as 14:30 horas.
Por causas que se descoñecen, o home caeu ao río desde a ponte, Un axente da Policía Local foi o primeiro en chegar ao lugar dos feitos botándose ao Lérez e mantendo a vitima a flote ata que chegaron os bombeiros, que conseguiron sacalo rapidamente da auga.
O ferido, que recibiu os primeiros auxilios nada máis chegar á beira do río, encóntrase ingresado en estado grave na Unidade de Coidados Intensivos do Complexo Hospitalario Universitario de Pontevedra. A súa situación, en todo caso, é "estable", segundo fontes sanitarias.
Trátase de Enrique Magdalena Chan, ex concelleiro do Partido Popular. Foi edil durante a etapa de Juan Luis Pedrosa á fronte dos populares pontevedreses. Leva cerca de dez anos afastado da primeira líña política.
Este suceso causou unha fonda conmoción na cidade ao tratarse dunha persoa tan coñecida e querida.