Sabores de medio mundo mestúranse na Alameda de Ponte Caldelas
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/f1d/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/62c9dcc2b7-image1-2-.jpeg)
© Concello de Ponte Caldelas
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/d48/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/62c9dcd98e-image2-3-.jpeg)
© Concello de Ponte Caldelas
Propostas gastronómicas de doce países de todo o mundo son as que ofreceu aos asistentes a Festa do Emigrante, que se desenvolveu na Alameda de Ponte Caldelas esta fin de semana.
Pratos de Brasil, México, Venezuela, Uruguay, Cuba, Bélxica, Alemania, Grecia, Italia, Portugal, Ucrania e España, xunto con bebidas típicas de cada un deles, pudieron ser degustados ata este domingo a un prezo de seis euros.
Mesas e máis de 1.200 sillas encheron toda a Alameda para dar cabida a todos os veciños e visitantes que gozaron amplamente desta gran festa gastronómica.
No marco da festa, houbo ademais numerosas actividades paralelas, como os concertos de Rivergood ou o grupo de música tradicional Catro Ventos.
A música internacional veu da man dos Mariachis de Leonardo Flores e da Escola de Danza, Arte e Cultura Galega e Española (EDACE) de Salvador de Bahía.
Houbo ademais a lectura do conxuro e reparto gratuíto de queimada para todos os asistentes, nas xornadas nocturnas do venres o e do sábado.