A Festa Gastronómica do Emigrante celebrarase os días 8, 9 e 10 de xullo
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas reuniuse onte cos hostaleiros que participarán na quinta edición da Festa Gastronómica do Emigrante para ultimar detalles deste evento.
Celebraráse na Alameda de Ponte Caldelas os días 8, 9 e 10 de xullo e contará con máis dunha ducia de casetas nas que estarán presentados outros tantos países e, como os anos anteriores, haberá mesas e máis de 1.200 sillas para dar cabida a todos os veciños e visitantes que desfrutan amplamente desta gran cita gastronómica.
Este ano, cada caseta ofrecerá un prato e bebida ao prezo de 6 euros e cada un dos hostaleiros participantes ofrecerá tamén outras propostas culinarias típicas de cada un dos países, así como bebidas típicas, a prezos de mercado.
A festa comezará a noite do venres 8 de xullo e proseguirá o sábado con servizo á mediodía e á noite e terá servizo de comida o domingo 10 de xullo. Os asistentes terán a ocasión de degustar unha ampla variedade de pratos representativos da cociña de máis de doce países relacionados coa emigración a un prezo de só 6 euros, incluíndo unha bebida.
O alcalde, Andrés Díaz, destaca que "este é un evento dinamizador de alto nivel, no que en 2019 despachamos máis de 20.000 pratos e polo que pasan ao longo de toda a fin de semana milleiros de persoas, algo moi importante para a hostalería e o comercio de Ponte Caldelas".
Relacionadas:
-
Despachados máis de 20.000 pratos na Festa Gastronómica do Emigrante
Por Redacción |
-
Sabores de medio mundo mestúranse na Alameda de Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Doce países presentarán os seus mellores pratos na Festa do Emigrante
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas cifra en 100.000 euros o impacto económico da Festa Gastronómica do Emigrante
Por Redacción |
-
Miles de persoas degustan a gastronomía da emigración en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
A cociña internacional, reclamo da IV Festa da Emigración
Por Redacción |