Príncipe Felipe aforrará entre 80.000 e 100.000 euros anuais ao substituír a súa caldeira de gasóleo por biomasa
Por Redacción
A factura enerxética das instalacións de Príncipe Felipe, que ascendía ata agora a 334.300 euros anuais, verase notablemente reducida coas medidas de aforro postas en marcha na instalación.
Só coa sustitución da caldeira de gasóleo por outra de biomasa a Deputación estima aforrar entre 80.000 e 100.000 euros ao ano, reducindo a factura entre un 20 e un 30%.
Así o recoñeceu o presidente provincial, Rafael Louzán, nunha visita ás instalacións previa á reunión que manterá este xoves con representantes dos 54 concellos interesados en cambiar o sistema de gasóleo pola biomasa: "trátase de reducir o gasto en enerxía, tanto en gasóleo como enerxía eléctrica, permitindo ademais unha mellora no medio ambiente".
En Príncipe Felipe, ademais da caldeira, instalarase iluminación de baixo consumo, o que supoñerá unha redución entre o 30 e 40% da factura anual.
Relacionadas:
-
Unha investigación da Escola de Forestais permitirá abrir o mercado da biomasa a novos materiais
Por Redacción |
-
"Extraordinaria acollida" dos concellos ás caldeiras de biomasa
Por Oskar Viéitez |
-
Xunta e Deputación inician unha ofensiva para dar "absoluta preferencia" á biomasa
Por Oskar Viéitez |
-
Impulsan un proxecto para substituir as caldeiras de gasóleo por biomasa en instalacións municipais
Por Redacción |