Impulsan un proxecto para substituir as caldeiras de gasóleo por biomasa en instalacións municipais
Por Redacción
54 dos 62 concellos da provincia teñen na actualidade unha ou varias caldeiras de gasóleo para dotar de calefacción e auga quente sanitaria as súas instalacións municipais, cun gasto anual medio de entre 12.000 e 34.000 euros.
Reducir esta factura enerxética e rebaixar as emisións de CO2 á atmosfera é un dos obxectivos que persegue a Deputación de Pontevedra co proxecto de eficiencia enerxética que ten en marcha e que pretende levar a cabo da man dos concellos da provincia.
De aí que o 28 de novembro manterase un encontro cos alcaldes da provincia para presentarlles un estudo realizado pola Administración provincial e que reflicte que a substitución das actuais caldeiras de gasóleo por outras de biomasa (pellets, estela ou similares) suporía un aforro duns 500.000 euros ao ano.
Segundo os datos manexados pola Deputación, o aforro medio anual dunha caldeira de biomasa con respecto a unha de gasóleo é de 9.000 euros por caldeira, co que nuns 3 anos estaría amortizado o investimento inicial. Algún destes concellos xa mostraron o seu interese en sumarse a esta iniciativa.
A propia Deputación deu xa ese paso no centro Príncipe Felipe, onde se retirou a caldeira de gasóleo para instalar unha de biomasa que funciona con estela e que Louzán visitará o luns para comprobar in situ o seu funcionamento e o aforro que supón.
Relacionadas:
-
Unha investigación da Escola de Forestais permitirá abrir o mercado da biomasa a novos materiais
Por Redacción |
-
"Extraordinaria acollida" dos concellos ás caldeiras de biomasa
Por Oskar Viéitez |
-
Xunta e Deputación inician unha ofensiva para dar "absoluta preferencia" á biomasa
Por Oskar Viéitez |
-
Príncipe Felipe aforrará entre 80.000 e 100.000 euros anuais ao substituír a súa caldera de gasóleo por biomasa
Por Redacción |
-
A Deputación abandona o gasoil e aposta pola biomasa
Por Oskar Viéitez |