Un incendio de madrugada calcina unha vivenda abandonada en Cuntis e obriga a desaloxar varios domicilios
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Un incendio nunha vivenda abandonada en Cuntis que se iniciaba ás 4.00 horas da madrugada do sábado ao domingo 24 mantivo en vino a toda a poboación da contorna do Balneario da localidade.
Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros do Salnés e o Grupo de Emerxencias da Estrada que, a pesar de todos os intentos, non logrou evitar que a vivenda quedase completamente calcinada e derruída tras a caída do teito do inmoble no que non residía ninguén.
Debido a que o incendio se producía nunha zona céntrica de Cuntis foi necesario desaloxar varias vivendas do ámbito ante a proliferación de fume e o perigo de que as chamas puidesen propagarse, segundo informaron os bombeiros do Salnés. Ás 7.00 horas, o lume quedaba completamente extinguido sen que se tivese producido ningún incidente que afectase aos inmobles próximos. Non se produciron danos persoais.