Cuadriplica a taxa de alcoholemia tras bater contra dous coches en Lourido
Por Redacción
Unha muller de 63 anos deberá responder ante a xustiza por un delito contra a seguridade viaria tras sufrir un accidente de tráfico en Lourido cando conducía en estado de embriaguez.
A condutora, tras o sinistro, deu un resultado positivo de 0.93 e 0.91 miligramos de alcol por litro de aire expirado, case catro veces máis de límite permitido, fixado en 0.25.
O accidente no que se viu involucrada, segundo informa a Policía Local de Poio, sucedeu sobre as 21:40 horas de onte mércores.
O seu coche acabou saíndo da vía, na Avenida da Praia de Lourido tras golpear a dous coches que estaban aparcados.
A pesar do impacto, a muller tratou sen éxito de continuar a marcha.
Os axentes puideron identificala coa colaboración dunha testemuña.
Ademais de acudir ao xulgado para un xuízo rápido, á muller reclamaránselle os danos que provocou a súa temeraria manobra sobre os dous coches estacionados.