Un vehículo mal estacionado permite á Policía Local descubrir un caso de violencia machista
Por Natalia Puga
A Policía Local de Pontevedra detivo un home de 28 anos como presunto autor dun delito de violencia de xénero tras ter coñecemento, a través da súa vítima, de que lle provocara diversas lesións.
Os feitos sucederon o pasado 6 de xuño na rúa Xosé Malvar de Pontevedra e o caso puido chegar á Policía Local por un vehículo mal estacionado.
Así, unha patrulla policial observou en Xosé Malvar un vehículo mal estacionado e os axentes trataron de pescudar o motivo achegándose ata o coche. Nese momento, unha muller achegouse moi nerviosa e indicoulles que fora agredida pola súa ex parella , que quería marcharse co seu vehículo.
O home presentouse no seu lugar de traballo coa intención de levar un vehículo que ela estaba a utilizar para os seus desprazamentos e que pagaba ela, aínda que estaba a nome do home.
Cando o home foi ao lugar de traballo dela, produciuse unha discusión e un enfrontamento entre ambos os dous e ela sufriu varias lesións.
Relacionadas:
-
A colaboración cidadá destapa un caso de violencia machista no que a muller non denunciaba por medo
Por Redacción |
-
Detido un mozo de 18 anos por acosar, insultar e agredir á súa parella, menor de idade
Por Redacción |
-
Deteñen un home e unha muller por agresión mutua en plena rúa, ela deulle labazadas e el usou unha guitarra
Por Redacción |
-
Detido un pontevedrés por insultar, queimar cun cigarro e pegar cunha vasoira a súa muller
Por Natalia Puga |