Barbudo estrea o renovado lavadoiro da Fonte Barreira
Por Redacción
As obras de restauración do lavadoiro da Fonte Barreira, no lugar de Barbudo, xa remataron. Todo o seu ámbito recuperou o seu esplendor tras varios anos en mal estado.
No marco destes traballos, encintouse todo o lavadoiro para que non teña fugas de auga, preparouse todo o entorno e mellorouse o acceso á fonte e ó lavadoiro.
Tamén se colocaron tres novas zapas realizadas en madeira de abeleira para taponar a saída de auga e permitir o almacenamento da mesma.
Esta actuación enmárcase no plan de recuperación das fontes e lavadoiros que puxo en marcha o Concello de Ponte Caldelas para restaurar estes bens patrimoniais de alto valor histórico.
"Manter vivo o noso patrimonio é sinal de respecto aos nosos ancestros, que tanto se esforzaron para construir estes lavadoiros e tanto traballaron neles lavando a roupiña", apuntou o alcalde.
Xa se realizaron labores de limpeza en todos os pozos e lavadoiros dos 33 lugares do municipio e agora estase a traballar na restauración para evitar fugas e mellorar as súas contornas.