Nova campaña de limpeza de fontes, pozos e lavadoiros
Por Redacción
A Fonte da Portela, no lugar de Cuñas, no municipio de Ponte Caldelas xa se atopa mellorada, segundo indica o goberno local. Trátase dun punto moi visitado pola veciñanza para recoller auga. Ademais, numerosos ciclistas realizan tamén unha parada nesta zona para descansar.
O Concello anuncia que, nas próximas semanas, iniciarase a rolda de rozas e de limpeza en pozos e lavadoiros das parroquias. En 2021 realizáronse actuacións ata nun centenar de elementos do patrimonio municipal.
Andrés Díaz, alcalde de Ponte Caldelas, indica que nos últimos anos o Concello asumiu a limpeza destes espazos para conservar o patrimonio que, durante moito tempo, foi promovido e coidado polas persoas do rural.