Sanxenxo quere converter o colexio O Cruceiro nunha referencia da eficiencia enerxética e accesibilidade
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo redobra a súa aposta polo proxecto de rehabilitación do vello colexio do Cruceiro cun plan integral co que, ademais de responder as necesidades sociais, educativas e culturais da parroquia de Vilalonga, converta ao edificio nun modelo de eficiencia enerxética e accesibilidade. O orzamento total do proxecto, realizado pola arquitecta local Irene Campo, ascende a 3,03 millóns de euros e opta aos fondos Next Generation.
O obxectivo é rehabilitar o edificio na súa totalidade para dotalo de novos usos públicos. A planta baixa destinarase a biblioteca e un centro social de maiores. As plantas primeira e segunda destinaranse a Centro de Formación Profesional coa especialidade Dual de Cociña e Restauración. Co obxectivo de converter o edificio nun espazo accesible na súa totalidade, o proxecto incorpora un ascensor no núcleo de comunicación principal e a adecuación das pendentes existentes nos espazos exteriores.
O centro social de maiores sitúase na zona do antigo ximnasio, cunha superficie útil de 375 metros cuadrados. Este espazo estará dotado de dous grandes espazos para cafetería e escenario con zona de baile, que poderán estar vinculados ou ser independentes. Estes espazos compleméntanse cunha pequena cociña, camerino, roupeiro, e aseos.
Ademais, a cafetería poderá vincularse cos usos de hostalería das plantas superiores, onde os alumnos poderán facer simulacións e servir almorzos. Da mesma maneira, a parte do escenario e baile pódese converter nun gran espazo para conferencias ou presentacións de diversa índole con capacidade para 120 persoas.
A nova biblioteca terá unha superficie útil de 185 metros cadrados e contará con zona de estudo, zona infantil, zona de computadores, arquivo e aseos, ademais dunha área de lectura exterior cun pequeno patio axardinado onde se poderán realizar as presentacións de libros e talleres infantís. Tanto a biblioteca como o centro cívico terán accesos, servizos e instalacións individuais, o que fai que poidan funcionar de maneira independente ao resto do edificio podendo ter diferentes horarios de uso.
As plantas primeira e segunda suman un espazo útil de 1.032 metros cadrados (535 metros cadrados en planta primeira e 497 metros cadrados en planta segunda). Nelas situarase o ciclo profesional básico de Cociña e Restauración en modalidade de FP dual. Un ciclo de alta demanda na área e que supoñerá unha oportunidade para os mozos da zona. Estará formado por espazos de aulas polivalentes, taller de cociña e office, taller de restaurante e bar, cos equipamentos necesarios.
O proxecto supoñerá un aforro do 95% do consumo enerxético e do 96% en emisións de CO2.
Relacionadas:
-
Plena inserción laboral para o alumnado do primeiro curso do FP dual de cociña e restauración de Sanxenxo
Por Redacción |
-
Sanxenxo recibirá 2 millóns para crear un centro sociocultural no antigo colexio de Vilalonga
Por Alejandro Espiño |
-
Primeiro paso para a rehabilitación do colexio do Cruceiro coa derriba dos catro vellos edificios da parcela
Por Redacción |
-
O ciclo de FP Dual de Hostalería e Restauración de Sanxenxo aínda ten prazas dispoñibles
Por Redacción |
-
O colexio O Cruceiro de Vilalonga suscita o interese europeo polo seu modelo de arquitectura pedagóxica
Por Redacción |
-
A FP Dual amplía a súa oferta en Pontevedra co ciclo de Estética Integral e Benestar no Frei Martín Sarmiento
Por Manu Otero |
-
Sanxenxo aspira a conseguir tres millóns para rehabilitar o vello colexio do Cruceiro
Por Redacción |
-
O Instituto de Vilalonga acollerá un novo ciclo de FP Básica Dual de Cociña e Restauración
Por Redacción |