Operación de limpeza na avenida de Bos Aires
Por Redacción
A concellería de Limpeza viaria, que xestiona Raimundo González, anuncia un operativo de limpeza esta semana na avenida de Bos Aires, entre a ponte dos Tirantes e a rúa do Pozo, en ambas as marxes.
Esta limpeza realizarase durante a madrugada e a mañá deste xoves 9 de xuño. A zona de aparcamento quedará valada desde o mércores pola tarde coa prohibición de estacionar nas horas previas aos traballos. Os vehículos que permanezan aparcados serán retirados polo guindastre municipal.
Utilizaranse máquinas de varrer e limpadoras de auga a presión tanto na beirarrúa como nas cunetas e na calzada. Desde a concellería pídese a colaboración veciñal e dos condutores para garantir un bo resultado nestes traballos.
Pola súa banda, veciñanza da Rúa da Santiña reclama de novo a limpeza da maleza na contorna desta rúa cara á zona da Gándara. Piden que se realicen operacións de roza de silveiras nos camiños de paso.
Relacionadas:
-
Prohibido estacionar na desembocadura do Gafos a partir da tarde do mércores por tarefas de limpeza
Por Redacción |
-
Operación de limpeza no lateral dos edificios da avenida das Corbaceiras
Por Redacción |
-
Restricións de aparcamento na Parda para facilitar unha mobilización de limpeza
Por Redacción |
-
Comeza o operativo de roza e limpeza no anel periurbano de Pontevedra e nas quince parroquias do rural
Por Redacción |
-
Veciños da Rúa Santiña denuncian o seu "lamentable estado" por falta de limpeza
Por Redacción |