O Pazo de Mugartegui organiza este venres a segunda edición da cata a cegas da Ruta do Viño Rías Baixas
Por Oskar Viéitez
O Pazo de Mugartegui, sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas, acollerá este venres 10 de xuño, ás 20 horas, a segunda edición da Cata Sensorial.
O obxectivo desta iniciativa será espremer ao máximo os sentidos de todos os participantes. Empezando co oído, desde descorche da botella ata o ruído do viño deslizándose pola copa. Continuando co olfacto, cuxo papel será moi relevante: descubrir a que cheiran diferentes viños.
E terminando co gusto, que permitirá aos participantes recoñecer ou trasladar ao padal os diferentes aromas que recoñeceron anteriormente, durante a fase olfativa destes viños. En todo momento estarán acompañados polas explicacións do catador, quen exercerá como mestre de cerimonias e fío condutor fundamental nesta cata. Todo iso aderezado cun sutil ambiente musical. Será unha experiencia para todos os sentidos.
Trátase dunha cita que organiza o Ruta do Viño Rías Baixas e que terá un aforo limitado a 25 persoas. As entradas xa se atopan dispoñibles en Ataquilla e terán un custo de 12 euros por persoa.
Os participantes poderán coñecer o universo vinícola desta denominación de orixe a través dunha cata a cegas que estará dirixida polo sumiller, Nacho Costoya. Así, os asistentes terán a oportunidade de probar diferentes tipoloxías de viños como monovarietais, plurivarietais, espumosos, tintos e algunha elaboración especial… Todo iso maridado conservas de Anfaco- CECOPESCA.
Relacionadas:
-
Rías Baixas estima que esta vendima poderíanse recoller uns 41 millóns de quilos de uva
Por Redacción |
-
Abren expedientes sancionadores a locais de Vilagarcía que incumpriron as normas sobre ruídos
Por Redacción |
-
Johnny Güimil será o pregoeiro da Festa do Viño de Barro
Por Redacción |
-
Os viños de Rías Baixas promocionaranse en Cancún, Riviera Maya, Londres e República Dominicana
Por Redacción |