As criptomonedas son moedas dixitais admitidas como moedas de pago. A máis coñecida é o bitcoin, aínda que hai miles. Con José Ramón Oulego Erroz, avogado e membro dos servizos legais deADICAE, coñecemos os termos e cuestións básicas para comprender que son, como funcionan e como se utilizan. Por exemplo, que é unha rede blockchain: "é o que realmente dá valor ás criptomonedas, a tecnoloxía que o sustenta, é unha base de datos que está distribuída".
As criptomonedas chegaron para quedar e non só iso, para normalizarse, diversificar o seu uso e non en moito tempo. É unha das máximas que expón no podcast 'Cara a cara' este experto. Non hai que ir moi lonxe para atopar exemplos, múltiples clubs de fútbol - dentro e fóra de España - usan criptoactivos, os coñecidos ' tokens' ou 'fan tokens'.
José Ramón Oulego ofrece ademais en PontevedraViva Radio unha serie de recomendacións e precaucións que hai que ter presentes se alguén quere dar o paso de investir en criptomonedas. De igual forma preguntámoslle sobre os riscos de certas convocatorias que se ofrecen para formarse en criptos e das sospeitas de suplantacións en redes sociais e estafas piramidales que tamén se esconden tras o atractivo que poden conlevar estas moedas virtuais.
Actualmente a Comisión Nacional do Mercado de Valores xa regula a publicidade de criptoactivos, Facenda reclama a súa declaración, pero hai un hándicap: non é un mercado regulado. "Agora mesmo a UE está a traballar no borrador do Regulamento Mica que está en fase de aprobación e estímase que ata 2024 non estará operativo", explica. España é un país onde preto de catro millóns de persoas xa investiron en criptos: "estamos entre os países de Europa que máis utilizan as criptomonedas".