Unha redacción sobre a protección do río Verdugo gaña o concurso da Festa da Troita
Por Redacción
Sofie Pérez Rozemberg, do CEIP Manuel Cordo Boullosa, e Alba Iglesias Cifuentes, do CEIP A Reigosa convertéronse nas vencedoras do certame de Redacción que se organiza en Ponte Caldelas con motivo da celebración da Festa da Troita.
Andrés Díaz, alcalde da vila, entregaba dous agasallos como gañadoras consistentes nunha troita en 3D a modo de trofeo e unha tableta dixital. Nesta edición participaron preto dun centenar de escolares, que recibiron un diploma acreditativo.
Na redacción de Sofie Pérez faise unha defensa protectora do río Verdugo. Ao longo do texto nárrase a situación dunha troita atrapada nunha bolsa de plástico. Unha nena consegue rescatala e a troita encárgalle a misión de concienciar á poboación sobre a importancia de protexer a terra e os ríos evitando a contaminación e respectando a natureza.
Alba Iglesias, pola súa banda, analiza á troita como produto gastronómico propio de Ponte Caldelas e, no seu escrito, reflicte a importancia da festa tradicional como centro de encontro entre a xente nova.
Ambas as redaccións foron publicadas no libro-programa da Festa da Troita deste 2022. Este xoves a celebración continuará coa súa xira polo rural onde está a lograr un gran éxito, segundo o goberno local. A Alameda de Ponte Caldelas converterase na parada final deste festexo con diversas actividades durante esta fin de semana do 28 e 29 de maio.
Relacionadas:
-
Localizan píntegas, rás e morcegos en situación de especial vulnerabilidade ecolóxica na zona onde se proxecta o encoro de Forzáns
Por Oskar Viéitez |
-
Esta fin de semana, o menú volve saber a troita en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Máis de mil racións de troita, pan e viño repártense na última xornada da Festa da Troita polos Pobos
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas, ás portas dunha Festa da Troita que encherá de actividade a vila
Por Redacción |
-
O río Verdugo recibe cen novos exemplares adultos de troita
Por Redacción |
-
O alumnado de Ponte Caldelas celebrará o fin de curso no parque acuático de Cerceda
Por Redacción |