Medio centenar de voluntarios erradican especies invasoras a beiras do Oitavén
Por Redacción
Medio cento de voluntarios actuaron durante a mañá deste sábado na erradicación de especies invasoras nas beiras do río Oitavén á altura do Monte do Castro e da Insua, na parroquia de Gaxate, A Lama.
Esta é unha das primeiras accións aprobadas pola asemblea da plataforma celebrada no Centro Sociocultural de Forzáns e vai orientada á defensa medioambiental do entorno natural do río Oitavén e da súa biodiversidade autóctona.
Ao longo da vindeira semana continuarán con esta serie de accións realizando un inventariado de biodiversidade do val do río Oitavén, da flora e da fauna de ribeira, que se desenvolverá dentro da 'Gran Semana Ciencia Ciudadá e da Biodiversidade', impulsado por colectivos ecoloxistas.
Os promotores da iniciativa explicaron que o seu obxectivo é "defender o río e poñelo en valor desde o punto de vista medioambiental preservando as especies autóctonas, moitas delas endémicas, e erradicar aquelas invasoras que están a causar un prexuízo á biodiversidade deste magnífico entorno natural”.
Con machadas, serras e todo tipo de ferramentas forestais, o medio cento de voluntarios adentráronse no paraxe comprendido entre o monte do Castro e a Insua do río Oitavén e foron eliminando as especies que colonizan este paraíso entre as que abundan os eucaliptos e as acacias.
A actuación foi convocada pola Plataforma en Defensa dos ríos Verdugo e Oitavén 'ENCORO NON' e a coordinou en todo momento o colectivo ecoloxista A Rente do Chan. Tamén contou coa colaboración da comunidade de montes de Gaxate.
Relacionadas:
-
Localizan píntegas, rás e morcegos en situación de especial vulnerabilidade ecolóxica na zona onde se proxecta o encoro de Forzáns
Por Oskar Viéitez |
-
Ponte Caldelas promove unha recollida de firmas contra os plans para intervir no Verdugo e Oitavén
Por Redacción |
-
A Plataforma 'Encoro Non' erradicará especies invasoras este sábado no río Oitavén
Por Redacción |
-
O bombeo do Verdugo é un "sinsentido", segundo a Xunta, que rexeita tamén a presa de Forzáns
Por Alejandro Espiño |
-
Ponte Caldelas alza a súa voz en defensa dos seus ríos: "Nin trasvase, nin encoro"
Por Redacción |
-
Colectivos ecoloxistas súmanse ao rexeitamento á creación dun encoro no río Oitavén e o transvasamento no Verdugo
Por Redacción |
-
Máis de oitenta colectivos únense contra a "agresión" ao Verdugo e o Oitavén
Por Redacción |