Salóns de peiteado e estética locais exhibiron os seus traballos e conversaron sobre as novidades do sector

Por Redacción
A Praza da Peregrina acolleu na tarde deste martes á sexta edición de Rizando o Rizo, na que unha decena de firmas locais de perruquería e estética exhibiron os seus traballos e conversaron sobre as tendencias e novidades do sector.
A pasarela, organizada pola Asociación Provincial de Perruquería e Beleza en colaboración co Concello (a través da plataforma #PonteLovers) e a Deputación e conducida pola actriz e xornalista da TVG Fátima Mella, incluíu diversas entrevistas e desfiles, así como música en directo e unha actuación a cargo do mago Javier Muro.
As firmas que participaron no formato desfile foron Begoña Acuña Maquillaje Profesional, Centro de Extensións Jossy, Perruquería Dona Bela, Perruquería Crazy Studio e Academia de Perruquería Rizo Belle.
A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Yoya Blanco, e o concelleiro de Desenvolvemento Sostible, Iván Puentes, achegáronse a este evento.
Rizando o Rizo
A pasarela, organizada pola Asociación Provincial de Perruquería e Beleza en colaboración co Concello (a través da plataforma #PonteLovers) e a Deputación incluíu diversas entrevistas e desfiles, así como música en directo e unha actuación a cargo do mago Javier Muro
© Concello de Pontevedra