'Pontevedra, Cidade de Moda' exhibe nas rúas os deseños das tendas locais
Por Redacción
A iniciativa 'Pontevedra, Cidade de Moda' quere dar visibilidade ao comercio da cidade facéndoo partícipe de anuncios publicitarios nos que as rúas e prazas se converterán en pasarela e estudo de fotografía
A Concellería de Promoción Económica e Turismo pon en marcha este proxecto en colaboración con 6 modelos e 12 fotógrafos coordinados por Emi Ramírez.
Esta actividade traducirase en dúas sesións cos fotógrafos, que se desenvolverán mañá pola tarde e o vindeiro venres 27 de maio e incluirá a rodaxe dun vídeo con todos os deseños e tendas e a publicación das imaxes nunha revista de moda internacional, así como un vídeo da realización do traballo tralas cámaras e un dossier fotográfico.
A xornada inaugural contará coa participación das firmas Mission Surf Shop, Urban Culture Factory, Delirious, Mirlo, Pasarela, Musical Pontevedra, Peregrina 2 e Quomo.
Tal e como avanza a concelleira Yoya Blanco, "as rúas transformaranse nun grande estudo fotográfico con 3 modelos profesionais e 6 fotógrafas de distintas provincias galegas, contándose con escenarios e mobiliarios a cargo dos locais especializados en decoración e interiorismo".
As sesións levaranse a cabo de 16:30 a 17:30 horas no contorno da Glorieta de Compostela (Fonte dos nenos): o mobiliario o porán Mission e Urban Culture e os vestiarios Mission. De 17:30 a 18:30 horas, nas inmediacións da Sidrería Montañés: con vestiario e calzado de Quomo e mobiliario de Musical Pontevedra. De 18:30 a 19:30 horas, na Praza da Peregrina, con vestiario de Delirious, calzado de Pasarela e mobiliario de Mirlo e Peregrina 2.
A concelleira Yoya Blanco está convencida de que esta 'Pontevedra, Cidade de Moda' terá "un efecto moi positivo para unha urbe como a nosa, na que o comercio a pé de rúa impera, hai un grande número de tendas de moda e contamos cun Campus Universitario que alberga os títulos de Belas Artes, Deseño de Moda e Publicidade".
A seguinte sesión deste proxecto celebrarase o venres 27 de maio nos contornos da igrexa de Santa María e o Liceo Casino.
Relacionadas:
-
Os aparcamentos da Praza de España repartiron vales para aparcar gratis e apoiar o comercio local
Por Redacción |
-
A revista Vogue recolle unha foto da campaña 'Pontevedra, Cidade de Moda'
Por Redacción |
-
Volven a Pontevedra os cursos gratuítos para persoas desempregadas
Por Redacción |
-
A cafetería Moi Bo posiciónase como o mellor lugar de almorzos da cidade
Por Manu Otero |
-
O Colectivo Feminista promove dúas xornadas para analizar as diferentes formas de "Ser Nais"
Por Redacción |
-
Salóns de peiteado e estética locais exhibiron os seus traballos e conversaron sobre as novidades do sector
Por Redacción |