As obras do emisario submarino están executadas ao 44 %
Por Oskar Viéitez
A Xunta continúa avanzando nas obras do emisario submarino da depuradora dos Praceres, en Pontevedra, coa perforación do túnel xa rematada e unha execución global dos traballos que xa acada o 44%.
Cómpre lembrar que o 18 de abril se completou o tramo en túnel, cunha lonxitude final de 690 metros que se acometeu grazas ao traballo da máquina tuneladora procedente de Alemaña, que xa foi retirada.
Neste sentido, desde esa data e ata este luns traballouse no desmontado de toda a loxística da operación levada a cabo coa tuneladora. Para iso foi preciso desmontar cableados, carros e tubaxes, o lastrado provisional da tuneladora ou a inundación da tubaxe, entre outras accións.
Na actualidade estanse a fabricar os lastres do tramo fondeado, levando a cabo traballos como a disposición da rampla de colocación de tubaxe, a escavación da cámara de carga ou a extensión do formigón e aceiro necesarios.
No que se refire á depuradora, xa se están a amosar uns resultados satisfactorios dos parámetros das augas tratadas polas instalacións, que se atopan na actual fase final de posta en marcha e de probas, que se prevé culminar no verán.
Estas dúas actuacións enmárcanse no Plan de saneamento da ría, que se complementará con accións como o saneamento do río Lameira, o bombeo de Cocheras ou saneamento da Seca e do porto de Campelo en Poio, sumando un investimento da Xunta de preto de 50 millóns de euros.
Relacionadas:
-
Ethel Vázquez destaca o "salto de xigante" na calidade da auga da ría tras a mellora da depuradora
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O malestar veciñal polo peche do aparcamento do Porto de Combarro chegará ao Parlamento de Galicia
Por Redacción |
-
Malestar polo peche da explanada de Combarro polas obras do emisario submarino
Por Oskar Viéitez |
-
O túnel do novo emisario submariño da depuradora de Praceres xa está listo
Por Redacción |
-
O novo emisario submarino da Ría estará rematado este ano e empezará a funcionar coa depuradora en 2023
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Así avanza a perforación do túnel do tramo terrestre do emisario en Praceres
Por Redacción |