Ethel Vázquez, conselleira de Infraestruturas, anuncia que o novo emisario submarino funcionará plenamente a finais de mes

Por Redacción
A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, anunciaba este venres que as obras do emisario submarino da depuradora dos Praceres, na ría de Pontevedra, xa se atopan finalizadas e en período de probas.
Está previsto que o luns se acometa o corte para afrontar a conexión do emisario antigo co novo e establecer as probas de comunicación coa planta, segundo indicaron desde a consellería.
Ao longo da próxima semana continuarán as probas xa coa auga residual circulando pola nova canalización. A finais deste mes de setembro, a Xunta de Galicia espera que a infraestrutura se atope a pleno rendemento.
En canto ao antigo emisario, Ethel Vázquez reiterou de que permanecerá na ría ao dispor de quen queira conectarse, abrindo esa opción á empresa Ence.
O investimento realizado no novo emisario supera os 12 millóns de euros e, segundo a Xunta de Galicia, busca mellorar a saída das augas depuradas, optimizando a dilución e a dispersión de maneira que non afecte a actividade extractiva ou o baño.
Relacionadas:
-
Mari Carmen Vázquez, patroa maior de Lourizán: "O punto Cocheras é fundamental. Queremos que esa zona cero desapareza"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Xa funciona a pleno rendemento o novo emisario submarino da depuradora dos Praceres
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Comezan con éxito as probas de funcionamento do novo emisario submarino da depuradora dos Praceres
Por Redacción |
-
O emisario submarino dos Praceres, pendente de "flocos administrativos" para entrar en fase de probas
Por Natalia Puga |
-
A Xunta evita unha multa millonaria da Unión Europea pola depuración na Ría de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |
-
Ethel Vázquez, sobre o antigo emisario da depuradora: "Non vemos impedimento para que o poida utilizar ENCE"
Por Anxo Lourido |