Remolcan a Marín a un pesqueiro de Ribeira que quedou sen temón
Por Redacción
A nave Salvamar Mirach de Salvamento Marítimo logrou remolcar con éxito esta tarde ao pesqueiro de Ribeira Baleiro Primeiro ata o Porto de Marín.
O buque, con dez tripulantes a bordo, mandara un sinal de alerta ao posto de #Finisterre ás 11.35 horas deste luns avisando dun problema mecánico. O barco tiña máquina pero perdera o temón, e con el, a súa capacidade para manobrar.
O Baleiro Primeiro atopábase a 8 millas ao oeste da illa de Sálvora. Ata ese punto desprazouse o barco de Salvamento Marítimo para remolcar ao pesqueiro ao Porto de Marín, ao que chegou pasadas as 16 horas sen ter que lamentar ningún tipo de dano persoal.
Pequero BALEIRO PRIMERO, a 8 millas de la Isla de Sálvora, con 10 personas, tienen máquina pero no timón y solicita remolque. Movilizada Salvamar Mirach, que lo remolca a Marín #SeguridadNautica pic.twitter.com/KCzDVPt20b
— SALVAMENTO MARÍTIMO (@salvamentogob) April 18, 2022
Relacionadas:
-
Rescatan dous tripulantes dunha dorna que sufriu unha vía de auga entre Cabo Udra e Bueu
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Un home falece ao golpealo unha embarcación mentres nadaba en Silgar
Por Natalia Puga | Creada e actualizada