Especies vexetais do Areeiro enriquecerán os xardíns públicos da provincia
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra ven de retomar a doazón de especies vexetais da Estación Fitopatolóxica de Areeiro para que concellos, centros educativos, entidades, institucións e particulares poidan seguir enriquecendo os xardíns abertos ao público na provincia.
As especies vexetais que poderán solicitarse son excedentes das cultivadas no viveiro da Estación, onde anualmente se reproducen con sementes e se propagan con esgallos especies vexetais para realizar diferentes estudos e conservar a diversidade vexetal da provincia. Este ano hai 91 especies para elixir, máis do dobre ofertado o ano pasado, entre as que figuran carballos, rododendros, tuias, feixoas, castiñeiros, araucarias, palmeiras, cipreses, sobreiras ou magnolios entre outras. Entre as plantas que se ofrecen hai 45 cultivares de camelias, en concreto diversas variedades de xapónicas, sasanqua, ou híbridos williamsii.
As entidades, concellos e centros escolares que dispoñan de xardíns abertos ao público e estean interesadas nestas especies deben presentar unha única solicitude na que poderán pedir ata 35 exemplares de diferentes especies.
Poderán facelo ata o próximo 9 de maio, e para formalizalas terán que facelo de xeito telemático a través da sede electrónica da institución provincial. No caso das persoas físicas, poderán tramitalo de xeito presencial.
Relacionadas:
-
O xardín de camelias da Finca Areeiro acada a excelencia internacional
Por Redacción |
-
A Estación Fitopatolóxica do Areeiro convértese en laboratorio de referencia tamén para Portugal
Por Redacción |
-
Os técnicos recomendan tallar os oito álamos situados no Santo Antoniño
Por Redacción |
-
Recomendan comezar a vixiar a presenza do mildio nas viñas
Por Redacción |