Nunca Máis convoca concentracións este venres en Pontevedra, Vilagarcía e O Grove
Por Redacción
A Plataforma Nunca Máis decidiu convocar para este venres ás 20:00 horas concentracións nas principais cidades galegas para manifestar o malestar e a indignación dos cidadáns contra a sentenza emitida pola Audiencia Provincial da Coruña na que se absolveron aos tres imputados en relación co afundimento do Prestige.
Baixo o lema, 'Non esquecemos. Non á impunidade. Mareas negras Nunca Máis', en Pontevedra a concentración realizarase na Praza da Peregrina mentres que en Vilagarcía se desenvolverá na Praza de Galicia. Tamén no Grove realizarase unha concentración ante o Concello ás 20:00 h.
Dende este colectivo social quérese mostrar o desamparo que provoca a sentenza xudicial para as costas galegas e para os cidadáns que, segundo afirman os representantes de Nunca Máis, serán os que finalmente se fagan cargo dos danos que ocasionou a catástrofe que avaliou a Fiscalía en máis de 4.000 millóns de euros.
Desta forma, esta Plataforma volve saír á rúa. Nunca Máis recuperara a súa actividade na bisbarra de Pontevedra en outubro de 2012 cando se cumprían dez anos da catástrofe do petroleiro.