Incorpóranse os 13 traballadores que reforzarán durante 6 meses a plantilla municipal de Cuntis
Por Redacción
Comezan a traballar no Concello de Cuntis os 13 operarios seleccionados para reforzar diferentes servizos municipais durante os meses de verán ao abeiro dunha subvención otorgada pola Deputación de Pontevedra.
Os novos traballadores foron integrados aos seus respectivos departamentos e facilitarán ao Concello unha maior axilidade nalgúns servizos durante os vindeiros meses.
Trala selección de persoal realizada a través do Servizo Público de Emprego, o Concello de Cuntis incorpora a súa plantilla un peón acompañante do servizod e recollida do lixo a xornada completa; 2 traballadores de obras públicas; 3 peóns forestais e 6 albaneis a xornada completa e un auxiliar administrativo a tempo parcial cun contrato de 30 horas semanais.
Este incremento de traballadores permitirá ao Concello de Cuntis darlle un pulo a determinadas actuacións municipais en diferentes ámbitos e deseñar traballos concretos en materia forestal.
Manuel Campos, alcalde Cuntis, recoñece que esta liña de axudas artellada pola Deputación de Pontevedra supón un balón de osíxeno para os municipios rurais, nos que a dispersión do territorio dificulta a realización cotidiana de tarefas de mantemento en viais e espazos públicos.