O coche de punto poñerase en marcha antes da primavera do 2023
A fase de probas do 'coche de punto' para viaxes desde as parroquias a distintas localizacións da cidade de Pontevedra continúan durante o seu segundo mes. Desde o seu inicio en febreiro, foron útiles para atopar os erros que cada vez son máis “anecdóticos”, de acordo coa concellería de Mobilidade.
O edil Demetrio Gómez presentou este xoves 24 os datos recollidos en marzo en comparación cos do mes anterior. Realizáronse unha totalidade de 231 viaxes no período de proba, cunha media de 6,45 viaxes por día en febreiro e 9,52 en marzo. O pico de uso máximo son 14 viaxes nun día, o 17 de febreiro e o 8 de marzo. Tamén aumenta a media de quilómetros ao día, de 37,4 a 58,47, sumando en total 1.742 quilómetros nos 37 días que leva en funcionamento. O motivo do incremento, segundo Gómez, está relacionado co aumento de persoas que coñecen este servizo co paso do tempo.
Desde o goberno, confían en que estas cifras sigan crecendo a medida que se vaian resolvendo as trabas, en especial, a dificultade das persoas maiores para rexistrarse mediante a páxina web ou o número de teléfono. Para estes casos, planifícase o rexistro en modo presencial en cada parroquia nun futuro próximo.
Polo momento son 46 os usuarios deste medio de transporte cunha media de 6,32 traslados cada un, un custo de 11 euros e unha duración de 12 minutos por viaxe. A maioría son traxectos individuais, mais o concelleiro confía no crecemento do uso compartido cando o servizo estea máis consolidado.
En canto ás parroquias, a zona que máis demanda é a de Campañó, Alba, Lérez e Cerponzóns, con 78 viaxes; fronte ás 10 solicitudes da área de Verducido, Xeve, Santa María de Xeve e Santo André de Xeve. Gómez explica a diferenza debido ao número de habitantes de cada zona, posto que cantos máis habitantes, máis viaxes solicitan.
Xunto ao informe favorable recibido desde a Xunta, esta proba, que remata o 31 de marzo, é imprescindible para o deseño e funcionamento óptimo do servizo final. Demetrio Gómez asegura que esta data non supón un atraso para a posta en marcha do 'coche de punto', programada para antes da primavera do ano 2023.
Relacionadas:
-
Amizade pide a prestación do servizo do "coche de punto" con vehículos adaptados
Por Redacción |
-
A nova ordenanza do taxi recollendo a figura do 'coche de punto', a un paso de ser aprobada
Por Redacción |
-
Os taxis serán os únicos que poderán ser 'coche de punto' en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
O 'coche de punto' remata a súa fase de probas con 2.152 quilómetros percorridos e 56 usuarios
Por Alejandro Espiño |
-
Autorización da Xunta para que se desenvolva o 'coche de punto' a través do servizo de taxi
Por Redacción |
-
As probas do 'coche de punto' ábrense a todo o rural tras "superar todas as expectativas"
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra xa proba o 'coche de punto' para poder "pulir" todo o sistema
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
As probas do novo Coche de Punto trasládanse a todas as parroquias
Por Redacción |
-
O Coche de Punto comeza a súa fase de probas resolvendo as primeiras incidencias detectadas
Por Redacción |
-
O transporte a demanda será o "coche de punto" e iniciará as súas probas o 31 de xaneiro
Por Alejandro Espiño |