Pontevedra incorporará outros 21 millóns ao presuposto de 2022, que chegará a 107 millóns
Por Alejandro Espiño
A liquidación do orzamento municipal de 2021 permitirá aumentar notablemente as contas previstas para este ano. Así, ata 21,3 millóns de euros procedentes dos remanentes sumaranse ao orzamento de 2022, elevándoo ata os 107,2 millóns.
O edil de Facenda, Raimundo González, explicou que a maior parte destes remanentes, ata 16 millóns, serán para novos investimentos, entre eles o campo de fútbol de Salcedo, a accesibilidade en sete núcleos rurais ou o novo alumado LED nas parroquias.
O capítulo de investimentos pasará, por tanto, dos 11 millóns orzados inicialmente para 2022 ata os 27 millóns, destacou González, o que segundo o edil contribuirá á creación de postos de traballo no municipio.
Outros 2,8 millóns irán para gastos correntes e 2,1 millóns a transferencias de capital, maiormente aos abonos pendentes para o novo vial perimetral de Montecelo.
Con respecto ás contas de 2021, o concelleiro do BNG detallou que se rexistrou un superávit de 2.029.000 euros e a débeda situouse en 7.896.000 euros, o que supón un índice do 10,78%. Os remanentes alcanzaron os 27,6 millóns e o diñeiro en conta, os 44 millóns.
O pasado ano os ingresos aumentaron ata os 79,9 millóns (3,2 millóns máis que en 2020) e os gastos fixérono case o dobre, ao pasar de 70 a 76 millóns de euros. O montante global destas contas rozou os 112 millóns, a maior contía da historia da cidade.
Iso si, o nivel de execución do orzamento foi lixeiramente inferior ao de 2020, ao pasar do 69,3% ao 67,7% de 2021, se se ten en conta unicamente o diñeiro pago e non se suma as partidas comprometidas e que aínda non foran abonadas polo Concello.
Estes datos, segundo Raimundo González, demostran a "boa saúde económica" que rexistran as arcas municipais, nas que hai "músculo" para afrontar o futuro e iniciar a "senda dá recuperación". Aínda que preocupa, en todo caso, a situación actual do país.
"Hai que ser realistas", advertiu González, que entende que a subida "desmesurada" de prezos na luz, o combustible ou os produtos de primeira necesidade "nos vai a afectar", aínda que por agora "non sabemos en que medida".
Ademais, a responsable da área económica no goberno municipal destacou que, aínda que a chamada "Lei Montoro" está en suspenso para 2022, Pontevedra cumpre cos parámetros esixidos de estabilidade, regra de gasto e límite de débeda.
Relacionadas:
-
Un comité de expertos avaliará un novo contrato do servizo de Recadación
Por Redacción |
-
Pontevedra suma 11 millóns máis ao orzamento municipal, que superará os 118 millóns
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
A construción alerta do risco "mortal" para o sector se os Concellos non revisan os prezos das obras adxudicadas
Por Anxo Lourido |
-
O Pleno aproba os orzamentos 2022 para Pontevedra, os máis altos da súa historia, co voto en contra do PP
Por Natalia Puga |
-
Conxelados impostos e taxas no orzamento municipal de 2022, ao que lle afectará a suba da luz e a sentenza da plusvalía
Por Redacción |
-
A situación o Concello de Pontevedra "vai seguir estando ben" a pesar de esgotar os seus remanentes
Por Oskar Viéitez |
-
A liquidación do orzamento de 2020 permitirá incrementar os investimentos do Concello a 44 millóns de euros
Por Redacción |
-
Pontevedra aproba, cos votos de BNG e PSOE, un orzamento de 80,7 millóns para 2021
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |