Xornada de seguridade viaria co alumnado do CEIP Torre Illa
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
O alumnado de primeiro a sexto de primaria do CEIP Torre Illa viviu unha nova xornada de seguridade e educación viaria por parte da Policía Local da Illa de Arousa.
Esta última clase foi teórica práctica, onde os axentes explicaron os valores e coñecementos básicos acerca de que normas débense cumprir, as multas que existen e como manexar diferentes tipos de vehículos. Entre eles están os VMP (Vehículos de Movilidad Persoal), vehículos en auxe nos municipios xa que ademais de non contaminar non gastan combustible.
Ademais, na charla explicóuselles a importancia de coñecer a vía pública ou os elementos principais que hai nela, como beirarrúa, calzada, beiravía, peóns ou vehículos.
Máis fincapé fixeron en como cruzar a calzada, algo no que hai que prestar "máis atención" ao poderse producir diferentes situacións. É por iso que incidiron en mirar a esquerda e dereita antes de cruzar, cruzar sempre polo lado máis afastado aos coches ou non cruzar ata que o semáforo de peóns estea en verde.
Desde a Xefatura da Policía Local consideran que estas clases son "importantes para ensinar aos máis pequenos o concepto de seguridade viaria desde a educación e os valores, coa intención de que aos poucos vaian adquirindo unha serie de hábitos e comportamentos que lle sirvan non só como peóns ou pasaxeiros, senón tamén como futuros condutores".
Finalmente, destacan a gran acollida que teñen estas charlas entre os máis novos e mesmo entre os pais, que adquiren uns coñecementos e valores no día a día.