Denuncian un condutor reincidente que circulaba co carné retirado na Illa
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
A Policía Local da Illa identificou este xoves un veciño da localidade que xa se converteu nun vello coñecido pola súa actitude ao volante. Nesta última ocasión, foi denunciado por conducir a pesar de non ter carné porque perdera todos os puntos.
Segundo informou a Policía Local, os feitos ocorreron sobre as 19:45 horas deste xoves 17 de marzo mentres os axentes realizaban labores de seguridade cidadá na estrada da Franqueira.
Os axentes viron a este home conducindo un turismo e déronlle o alto porque xa sabían que tiña o carné retirado. Unha vez que lle identificaron, confirmaron que lle consta unha perda total de puntos.
Os policías procederon a denunciarlle e remitiron o atestado ao Xulgado de Garda de Vilagarcía de Arousa, onde deberá comparecer a próxima semana para un xuízo rápido por un delito contra a seguridade viaria.
Desde a Policía Local destacan que este condutor é reincidente neste delito xa que non é a primeira vez que é investigado pola mesmos feitos.
En concreto, este comportamento é constitutivo dun presunto delito contra a seguridade viaria que poderá ser castigado coa pena de prisión de 3 a 6 meses, co pago dunha multa de 12 a 24 meses ou cunha condena a traballos en beneficio da comunidade de 31 a 90 días.
Relacionadas:
-
Condutor sen carné reincidente na Illa. Danlle o alto por terceira vez en poucos meses, e dá positivo en drogas
Por Diego Espiño |
-
Interceptan por segunda vez a un veciño da Illa conducindo sen carné
Por Redacción |
-
Xornada de seguridade viaria co alumnado do CEIP Torre Illa
Por Redacción |
-
Os controis de tráfico despregados na Illa de Arousa na noite do sábado lanzan un sorprendente balance
Por Oskar Viéitez |