Un octoxenario de Vilanova, a xuízo por tentar matar o seu veciño, co que mantiña mala relación
![Natalia](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/9b5/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/577f8fbb69-hkm23_ri.jpg)
Por Natalia Puga
Un veciño de Vilanova de Arousa de 82 anos sentará a próxima semana no banco dos acusados da Audiencia Provincial de Pontevedra acusado dun delito de intento de homicidio por acoitelar a un veciño co que tiña moi mala relación para recriminarlle por denunciarlle.
O xuízo celebrarase o martes 22 de marzo na sección cuarta da Audiencia Provincial e o fiscal pide que o acusado sexa condenado por homicidio en grao de tentativa a unha pena de oito anos de prisión e a pagar unha indemnización de 15.417,49 euros á súa vítima e outra de 6.076,32 euros ao Sergas.
Os feitos polos que está acusado ocorreron sobre as 18.30 do 2 de decembro de 2016. O acusado chegou en coche ao seu domicilio e observou que o seu veciño atopábase á beira da súa casa limpando con auga o camiño de acceso. Ao velo, saíu do seu vehículo cun coitelo de 13 centímetros de folla na man, aproximouse ao seu veciño e díxolle: "denunciáchesme, cabrón".
Segundo o fiscal, "co ánimo de acabar coa súa vida", abalanzouse sobre el, e aínda que tratou inutilmente de defenderse, cravoulle o coitelo, primeiro no brazo esquerdo e logo no abdome, onde laceró o fígado.
O agora acusado xa fora condenado por medio de sentenza do 25 de xaneiro de 2017 por uns feitos cometidos o dous de agosto de 2016 como autor dun delito de lesións sobre a mesma vítima e e fiscal destaca que ambos "mantiñan moi malas relacións".
O veciño agredido foi trasladado primeiro ao Hospital do Salnés e logo remitido ao CHUS de Santiago, onde ingresou con prognóstico grave e tivo que ser intervido con varias feridas de arma branca e hematomas. Son feridas consideradas de carácter grave as lesións, afectando a órganos de importancia vital, que "de non recibir tratamento, puideron causarlle a morte".
Como consecuencia destes feitos, recibiu atención na Unidade de Saúde Mental do Hospital Provincial de Pontevedra, cun diagnóstico de ansiedade anticipatoria, temor e vivencias do estresor sucedido que xera estrés postraumático.
Relacionadas:
-
O TSXG mantén os cinco anos e medio de prisión impostos ao octoxenario de Vilanova que intentou matar o seu veciño
Por Redacción |
-
Condenan a cinco anos e medio de cárcere ao octoxenario de Vilanova que acoitelou ao seu veciño
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
O home acoitelado polo seu veciño afirma que o seu agresor "se tiró hacia mi como un loco"
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |