O Tribunal Superior de Xustiza obriga ás empresas de limpeza de edificios a incrementar os soldos de 2011 e 2012
Por Redacción
Unha sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia condena ás empresas incluídas no ámbito de aplicación do convenio colectivo de locais e edificios da provincia de Pontevedra a incrementar os salarios dos traballadores nun 2,4% para o ano 2011 e nun 5,3% para o 2012.
A demanda fora interposta pola CIG e posteriormente adherírase o sindicato UGT. O Tribunal considera que os traballadores teñen dereito a que as retribucións percibidas no exercicio 2011 e 2012 sexan incrementados nesas porcentaxes e condena á Asociación profesional de empresas de limpeza (ASPEL) e á Asociación provincial de empresas de edificios e locais de Pontevedra (AELPO) a que aboen aos seus traballadores esas diferenzas salariais.
A CIG sinala que o próximo venres 15 de novembro se desenvolverá no salón de actos do edificio sindical en Pontevedra unha asemblea ás 11:00 horas e outra ás 18:30 horas para que os traballadores coñezan as consecuencias desta decisión xudicial.
Relacionadas:
-
O sector da limpeza de edificios cobrará os atrasos antes de rematar novembro
Por Redacción |
-
As empresas de limpeza recorren ante o Supremo a sentenza que os obriga a subir soldos
Por Redacción |
-
CC.OO. alerta sobre o futuro incerto do sector da limpeza de edificios
Por Anxo Lourido |
-
3.000 traballadores da limpeza na comarca cobrarán 1.200 euros máis correspondentes a 2011 e 2012
Por Anxo Lourido |
-
CCOO pide a UGT e CIG que recapaciten para salvar o convenio de limpeza do que dependen máis de 10.000 traballadoras
Por Diego Espiño |