Investigan un cidadán estranxeiro por unha estafa de 3.300 euros a un veciño de Ponte Caldelas
Por Oskar Viéitez
A Garda Civil investiga penalmente a un cidadán estranxeiro por unha estafa de 3.300 euros a un veciño de Ponte Caldelas.
Segundo informan fontes oficiais do Instituto Armado, a operación denominada "Golden Express", iniciouse cando a vítima denunciou recibir unha chamada, na que lle reclamaban o pago dunha débeda por falta de pagamento.
O denunciante explicou que o chamaban dun despacho de avogados, na que lle reclamaban unha débeda por falta de pagamento xerada polos cargos de dúas tarxetas de crédito das que era titular, correspondentes aos meses de setembro e outubro de 2020.
A vítima comprobou que figuraba como moroso no ficheiro "Badexcug", ascendendo a súa débeda a 3.300 euros.
A Garda Civil rastrexou todos os cargos realizados con ambas as dúas tarxetas, localizou un pago nunha clínica veterinaria de Pontevedra e identificou o autor do mesmo, que resultou ser un cidadán estranxeiro de 24 de idade, con domicilio actual en Valladolid.
As dilixencias instruídas entregáronse no Xulgado de Garda en Pontevedra e agora o investigado deberá comparecer ante a autoridade xudicial cando sexa requirido.
Relacionadas:
-
Non facilitar contrasinais nin datos persoais, consellos básicos para evitar as "constantes" estafas na internet
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
Preocupación polo aumento dos ciberdelitos nunha provincia cada ano máis segura
Por Redacción |
-
A denuncia dunha empresa do Grove destapa unha rede de estafas a través de internet
Por Redacción |