A Andaina Montes e Praias recada 3.000 euros para a AECC de Marín
Por Redacción
Despois de dous anos sen poder celebrarse debido á pandemia, a VII Andaina Montes e Praias de Marín, celebrada o pasado domingo, volveu ser un éxito.
"Notouse que había ganas por parte da veciñanza de que se volvese organizar despois do parón da pandemia", manifestaba a concelleira de Turismo de Marín, Cristina Acuña, ao facer balance, un día despois, desta iniciativa solidaria. A edil destacou que o máis importante é que se conseguiu unha recadación para a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) de Marín cifrada en 3.000 euros.
Cristina Acuña remarcou o labor que a AECC realiza no municipio, polo que "é importante que visibilicemos todos os servizos que ofrecen para que as familias que pasen por unha situación así saiban que non están soas".
En total, participaron 600 persoas, ás que hai que sumar un gran número de persoal voluntario, que permitiu que a organización e o transcurso da andaina funcionase sen incidencias.
A concelleira de Turismo agradeceu ao Club Xesteiras a súa implicación e valorou tamén que "tanto co percorrido de 15 quilómetros coma co de 25 quilómetros puidemos descubrir sitios de Marín que probablemente moita xente non coñecía".
Relacionadas:
-
A solidariedade e 750 persoas, protagonistas na oitava edición da Andaina Montes e Praias
Por Álvaro Arosa Barco |
-
#BanderaContraelCáncer, campaña para recadar fondos para a AECC de Marín
Por Redacción |
-
Programan varias andainas para fomentar hábitos saudables na veciñanza de Poio
Por Redacción |
-
Regresa a Andaina de Montes e Praias para axudar a Asociación contra o Cancro
Por Redacción |
-
Entregan 3.500 euros acadados na Ruta Montes e Praias en beneficio da Asociación contra o Cancro
Por Redacción |