O Concello adoptará "decisións" para reducir "racionalmente" o tráfico en Eduardo Pondal
Os tráficos que atravesan Eduardo Pondal seguen sendo "excesivos", segundo o goberno municipal. Aínda que defenden que o peche de Raíña Vitoria aliviou algo a presión da circulación, estudan xa adoptar " decisións" para reducir " racionalmente" o tráfico nela.
Así o avanzou o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, durante a visita que realizou este xoves ás obras que se están realizando nas rúas perimetrais do Gorgullón, que finalizarán en " dúas ou tres semanas".
"Hai que buscar alternativas para que os tráficos de Eduardo Pondal vaian por vías perimetrais e que só pasen os necesarios para que a cidade funcione", explicou Fernández Lores.
O obxectivo desta actuación, ademais de ofrecer unha "maior calidade de vida" aos veciños de Eduardo Pondal será a de evitar os ruídos e a contaminación que xera esta circulación.
Esta futura intervención en Eduardo Pondal foi unha das peticións trasladadas por representantes veciñais nesta visita ás obras que se están executando no barrio, xa que segundo Luís Carballo, hai un tráfico rodado "intenso" e ven necesario actuar neste sentido.
No arranxo das rúas perimetrais do Gorgullón, o Concello inviste uns 260.000 euros financiados a través dos fondos europeos EDUSI.
"Estamos moi orgullosos de como está quedando todo", sinalou o rexedor, que defendeu que estes traballos están pensados para dar resposta a "demandas sociais" de accesibilidade universal, iluminación, mobiliario urbano e espazos de convivencia.
Relacionadas:
-
Pontevedra executou máis da metade dos 12,5 millóns dos fondos EDUSI
Por Alejandro Espiño |
-
Festa no Gorgullón para celebrar o fin das obras nas rúas perimetrais do barrio
Por Oskar Viéitez |
-
Prorrogada ata o 14 de marzo a reforma das rúas perimetrais do Gorgullón
Por Redacción |
-
A reforma do Gorgullón complétase con "actuacións cirúrxicas" en cinco rúas do barrio
Por Alejandro Espiño |