A CIG concéntrase contra a reforma das pensións
![Redacción](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/506490f5a15ce-c6ku5opwb5qbtijalxd0_reasonably_small.jpeg)
Por Redacción
Un grupo de delegados sindicais da central nacionalista CIG mantivo unha asemblea durante a mañá para analizar a reforma das pensións que propón o goberno de Mariano Rajoy. A continuación, os delegados achegáronse ata as oficinas do Instituto Nacional da Seguridade Social en Gagos de Mendoza para protagonizar unha concentración de protesta.
O sindicato considera que esta reforma provocará unha rebaixa das pensións actuais e futuras e pretende abocar á poboación á contratación masiva de plans de pensións privados para alimentar o negocio da banca e das aseguradoras.
A CIG ten convocadas manifestacións para o 14 de novembro en todas as comarcas.